Vinos Barco

A BODEGA

Desde 1962

Vinos Barco é unha bodega de viños do noroeste de España situada no Barco de Valdeorras, Ourense. Podemos presumir de que o primeiro viño Godello de España se embotellara nas nosas instalacións. Nacemos como cooperativa en 1958 e catro anos máis tarde arrincamos coa primeira colleita. Así, contamos coa primeira planta embotelladora de viño da comarca de Valdeorras e unha das primeiras de Galicia cuns 800 produtores. Desde entón ata agora, non deixamos de traballar a terra, coidando cada cepa como o legado familiar que supón en cada unha das nosas cepas.

Vinos Barco nace na comarca de Valdeorras en 1958 e a primeira colleita faise no ano 1962. A cooperativa naceu debido á dificultade que existía no momento para

Vinos Barco nace na comarca de Valdeorras en 1958 e a primeira colleita faise no ano 1962. A cooperativa naceu debido á dificultade que existía no momento para

Fomos a primeira planta embotelladora da comarca de Valdeorras e unha das primeiras de toda Galicia. Podemos presumir de ser o berce do primeiro viño elaborado coa variedade Godello, hoxe coñecida e apreciada mundialmente. Despois daquel Godello virían grandes viños.

Tradición

En Vinos Barco seguimos apostando polos métodos tradicionais e coidando acio a acio a nosa uva, levando a cabo o proceso de forma manual, para conseguir manter a esencia que sempre caracterizou á nosa bodega e á nosa rexión. Aquí estamos, así somos os cooperativistas, os agricultores, as persoas que loitamos por esta bodega e que formamos case unha familia.

Amor pola nosa terra

Valdeorras é a comarca máis oriental da provincia de Ourense. Situada na parte de Galicia máis próxima á provincia de León, é un lugar cargado de maxia. Inesquecible.

A historia xeolóxica da comarca provocou que gran parte do solo estea composto por lousas, cuarcitas e xistos. A riqueza dos recursos naturais e a fertilidade da nosa terra converten a Valdeorras nun sitio idóneo para o cultivo das nosas mellores uvas.

Esforzo

Para nós, a colleita é máis que un traballo, é unha festa, unha boa colleita é a recompensa dun ano de coidado e traballo duro, tanto na viña como na adega. Estamos atentos a cada pequeno detalle, para conseguir unha boa colleita, unha gran vendima e viños extraordinarios. Podar, coller as uvas e, por suposto, a súa preparación é moi difícil para nós; pero paga a pena percorrer cada un dos procesos.

Experiencia

En Vinos Barco contamos con máis de sesenta anos de experiencia no sector. Fomos transferindo os coñecementos de xeración en xeración, conseguindo que os nosos viños non perdan un ápice do carácter que sempre os caracterizou desde a nosa orixe.

Volvemos a vista a atrás e topamos a nosa historia, marcada en cada botella, en cada anada, lembrándonos a nosa orixe e marcándonos o camiño que desde Vinos Barco sempre seguimos e que nos trouxo ata aquí, permitíndonos seguir avanzando, renovándonos, medrando, pero sempre sabendo de onde vimos e tratando de seguir dando a mellor calidade nos nosos viños, respectando a nosa terra e mantendo a esencia da nosa primeira colleita.

 

Ao noso pobo, o Barco de Valdeorras, chegaban as uvas en barcas e hoxe quixemos recuperar esa historia realizando unha pequena homenaxe, reflectíndoo no noso logotipo, a aquela forma de transportar a nosa materia prima e que foi a base dos viños que elaboramos.

Innovación

En Vinos Barco non deixamos de medrar e de acomodarnos aos novos tempos. Na actualidade contamos con máis de 300 socios e unhas 250 hectáreas de viñedo. A nosa capacidade de produción alcanza os dous millóns de botellas. Estamos moi comprometidos co cambio climático. A nosa terra é parte de nós e por iso a protexemos. Estamos entregados a un consumidor concienciado coa sustentabilidade e por iso todos os nosos viños son veganos.

Compromiso

Sentímonos orgullosos dos nosos viños, porque son o resultado da nosa experiencia traballando a terra. En cada botella hai parte de cada un de nós. Todos formamos parte deses viños.

Desde as nosas orixes, supervisamos todo o proceso de elaboración dos nosos viños. Desde a recollida da uva ata o último detalle da botella de viño que chega á túa casa. Levamos moitos anos facéndoo e a experiencia aválanos.

Reproducir vídeo