A comarca de Valdeorras está composta por nove municipios: A Rúa, A Veiga, Carballeda, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartin. Agás A Veiga, todos dispoñen de explotacións vitivinícolas que dotan ao territorio dunha singularidade única, auténtica.
A calidade dos viños de Valdeorras convértena en todo un referente no sector e espertan o interese nacional e internacional por unha rexión onde o viño se convirte en expresión máxima da terra.
Así, a esencia de Valdeorras está nas nosas botellas.